Schweitzer, Albert
Schweitzer, Albert
Teólogo, pacifista, médico e músico francés. Vigairo da igrexa de Estrasburgo (1899-1912), foi director do Instituto Teolóxico (1903-1916) e organista da Sociedade J. S. Bach de París. Doutor en Medicina (1911), fundou e dirixiu un hospital para curar enfermidades tropicais en Lambarene. Escribiu Jean-Sébastien Bach, le musicier-poète (1905), Zwischen Wasser und Urwald (Entre auga e selva virxe, 1921) e Kulturphilosophie (Cultura e Filosofía, 1923). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1952.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kayserberg, Alsacia -
Deceso
Lugar : Lambarene, Gabón