Schwinger, Julian Seymour
Schwinger, Julian Seymour
Físico estadounidense. Estudou e doutorouse en Columbia (1939) e traballou posteriormente con R. J. Oppenheimer e foi profesor en Harvard (1945). Formulou a electrodinámica cuántica e introduciu a teoría cuántica de campos, polo que compartiu con R. P. Feynman e S. Tomonaga o Premio Nobel de Física de 1965.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York -
Deceso
Lugar : Los Angeles