2 se
(
-
conx
Introduce unha condición, que expresa a relación de implicación entre dous feitos, isto é, o cumprimento dun depende do cumprimento doutro.
Ex: Se chove, non imos de excursión.
-
conx
Introduce oracións interrogativas indirectas e oracións en que o verbo expresa incerteza ou dúbida.
Ex: Preguntoume se ía ir á praia con el. Non sei se choverá mañá.
-
conx
Emprégase con valor ponderativo para conseguir maior énfase.
Ex: Pero se eu non sei facer iso!
-
conx
Posúe un valor concesivo-distributivo cando relaciona un elemento da oración principal co verbo da oración que introduce en indicativo.
Ex: Se un está doente o outro está peor.
-
Capital dunha diocese ou arquidiocese.
Frases feitas
-
Por se. Porque é posible que. Ex: Ofrécelle por se ten fame.
-
Se non. En caso contrario.
-
Se cadra/se callar loc adv Poida que.