2 se

2 se

(< latsī)

  1. conx

    Introduce unha condición, que expresa a relación de implicación entre dous feitos, isto é, o cumprimento dun depende do cumprimento doutro.

    Ex: Se chove, non imos de excursión.

  2. conx

    Introduce oracións interrogativas indirectas e oracións en que o verbo expresa incerteza ou dúbida.

    Ex: Preguntoume se ía ir á praia con el. Non sei se choverá mañá.

  3. conx

    Emprégase con valor ponderativo para conseguir maior énfase.

    Ex: Pero se eu non sei facer iso! 

  4. conx

    Posúe un valor concesivo-distributivo cando relaciona un elemento da oración principal co verbo da oración que introduce en indicativo.

    Ex: Se un está doente o outro está peor.

Frases feitas

  • Por se. Porque é posible que. Ex: Ofrécelle por se ten fame.

  • Se non. En caso contrario.

  • Se cadra/se callar loc adv Poida que.

Palabras veciñas

1 se | 2 se | Se | 2 se | | Seaborg, Glenn Theodore | Seabra, Manuel de