Sebastopol
Sebastopol
Nome científico: [ucraíno: Sebastop’il]
Cidade de Ucraína, situada na república autónoma de Crimea (350.798 h [1999]). Localizada nas beiras dunha baía do Mar Negro que a divide en dúas partes (N e S), é un porto no que destaca a industria pesqueira e conserveira. Situada preto da colonia grega do Quersoneso, foi ocupada por romanos e bizantinos. Entre 1783 e 1784 os rusos construíron unha base naval e a fortaleza. Durante a Segunda Guerra Mundial foi asediada e ocupada polos alemáns e liberada polas tropas soviéticas (1944). Ao se disolver a URSS (1991), a base naval foi motivo de disputa entre Ucraína e Rusia.