secundario -ria

secundario -ria

(

  1. adx

    Que ocupa o segundo lugar nunha orde ou escala establecida.

  2. adx

    Que ocupa un segundo lugar en importancia.

  3. adx [ASTRON]

    Planeta que xira arredor doutro principal ao que acompaña na súa revolución arredor do Sol.

  4. adx e s m [TECNOL/FÍS]

    Aplícase ao enrolamento dun transformador onde é xerada a corrente que fornece a potencia ao circuíto de utilización.

  5. adx [ESTRATIG]

    Relativo ou pertencente ao Secundario ou Mesozoico.

  6. [QUÍM]
    1. Aplícase aos átomos de carbono saturados que, no seo dunha molécula orgánica, están unidos a dous átomos de carbono.

    2. Aplícase a algúns grupos funcionais, como o hidroxilo, cando se atopan unidos a un carbono secundario.

    3. Aplícase ao tipo de amina no que existe un grupo -NH- unido a dúas cadeas carbonadas ou ben a unha cadea cíclica.

  7. grupo secundario [LING]

    Grupo consonántico producido nas últimas etapas da evolución do latín por perda dunha vogal intermedia.

    Ex: lat OCŬLUM > oc’lum.

Palabras veciñas

Séculos Escuros | secundar | Secundario | secundario -ria | secundina | Secundino/Secundina | secundum quid*