Secundino/Secundina
Secundino/Secundina
[ONOM]
Antropónimo que procede do latín Secundinus, xentilicio de Secundus. Hai varios santos con este nome, todos dos primeiros séculos da Igrexa e mártires en Italia. A súa festividade celébrase o 18 de febreiro (mártir) e o 29 de abril (bispo e mártir); a santa celébrase o 15 de xaneiro.