Segall, Lasar
Segall, Lasar
Artista plástico lituano. Naturalizado brasileiro, cultivou a pintura, o gravado, a escultura e o deseño. Achegouse ao dramatismo expresionista alemán con personaxes famélicos e tristes e liñas angulosas e duras, de influencias cubistas. Destacan as súas pinturas Navío de emigrantes (1939-1941) e Favela (1954), os gravados Aldeia Rusa (1913) e Gestante (1922) e a escultura Maternidade (1935).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vilnius -
Deceso
Lugar : São Paulo