Segóbriga

Segóbriga

Cidade celtibérica e despois romana, situada en Saelices e Almohacid del Marquesado (Cuenca). Foi sé episcopal en época visigótica. Declarada parque arqueolóxico, no seu recinto destacan o teatro, o anfiteatro, o foro e as termas romanas. Foi declarada BIC (2001).