Semanal Patriótico, El

Semanal Patriótico, El

Semanario publicado en Vigo a partir do 29 de abril de 1823. Cesou ese mesmo ano. Promovido pola Xunta de Galicia, constituída na Coruña, apareceu grazas ao establecemento dos primeiros obradoiros en Vigo, propiedade de Pascual Arza. O xornal, primeiro da cidade, saíu os martes, impreso a dúas columnas, co obxectivo de fortalecer o espírito constitucional e progresista na cidade. Desapareceu co restablecemento da monarquía absolutista, tras a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís.