Semanario Instrutivo

Semanario Instrutivo

Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir de 1838. Cesou ese mesmo ano (nº27). Subtitulouse “Periódico de Agricultura, Ciencias Naturales y Artes dedicado a la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago y publicado bajo su inmediata protección”. Fundado e dirixido por Xosé Mª Gil Rey, foi a primeira publicación ilustrada en Galicia. Xunto a artigos de física, agricultura ou historia natural, incluíu litografías con debuxos de Ramón Gil Rey, o que foi posible ao editarse nos obradoiros de Xosé Núñez Castaño, un dos introdutores desta técnica en Galicia.