seminal
seminal
(
-
adx
Relativo ou pertencente á semente ou ao seme.
-
razóns seminais
[FILOS]
Xermes, contidos no espírito cósmico (estoicismo) ou na alma do mundo (plotinismo), en virtude e por causa dos que se desenvolven os acontecementos (o que aconteceu, o que acontece e o que acontecerá), que son, pois, a súa manifestación ou desenvolvemento. A concepción estoica do mundo como sometido a unha orde seminal, reasumida por Plotino, perdurou no pensamento filosófico-teolóxico do cristianismo medieval. Para Agostiño de Hipona o sentido das razóns seminais ten que entenderse como expresión e afirmación de que Deus crea simultaneamente todas as cousas e que todo o que semella novo no mundo xa existía xerminalmente desde un principio.