seminario
(< lat seminarĭu)
-
s
m
[RELIX]
-
Institución eclesiástica, dependente dos bispos, destinada a formar os mozos que se preparan para o sacerdocio. Foi creada polo decreto Pro seminariis expedido polo Concilio de Trento (1563) para uniformar e estruturar o ensino dado nas escolas catedralicias, nas universidades ou nos colexios universitarios e nas escolas baixo a autoridade do bispo. O decreto mandaba a creación dun seminario en cada diocese (chamado seminario tridentino ou conciliar), pero nalgunhas dioceses non foi erixido ata a fin do s XIX, polos preitos e as dificultades postas polos cabidos catedralicios que temían a perda dos seus dereitos. Os reis axudaron sempre os bispos a impulsar a construción de seminarios e servíronse deles para introducir as súas ideas reformistas. O concordato de 1851 obrigou a un novo plan de estudos e algúns erixíronse en universidade interina. O peche das facultades de teoloxía nas universidades e o fomento do ensino converteron os seminarios en centros de estudos das poboacións pequenas. O Código de Dereito Canónico (1983) mantén a institución dos seminarios, pero con profundas transformacións. Distínguese, segundo o nivel de estudos, entre seminario menor, en que se cursan estudos secundarios, e seminario maior, en que se cursan os estudos superiores propiamente eclesiásticos. En Galicia existen os seminarios Maior e Menor na diocese de Lugo; o Teologado Diocesano de San Rosendo e o Real Seminario de Santa Catalina (menor) na diocese de Mondoñedo-Ferrol; o Seminario Maior do Divino Maestro e o Seminario Menor da Inmaculada na diocese de Ourense; o Seminario Maior e o Seminario Menor da Asunción na arquidiocese de Santiago de Compostela; e o Seminaraio Maior San Xosé e o Seminario Menor San Paio na diocese de Tui-Vigo.
-
Institución, en moitas ordes e congregacións relixiosas, destinada á formación dos seus membros que se preparan para o sacerdocio.
-
-
[EDUC]
-
Sección ou grupo, xeralmente universitario, onde se fan estudos e investigacións baixo a guía dun profesor.
-
Grupo de traballo dedicado ao estudo ou á investigación.
-
Reunión de técnicos ou especialistas para o estudo dun tema concreto.
Confrontacións: coloquio, congreso. -
Departamento dun centro de ensino secundario.
-
Lugar onde se xuntan os participantes ou integrantes dun seminario e conxunto de persoas que o forman.
-