congreso

congreso

(

    1. s m

      Reunión de profesionais onde discuten, confrontan ou expoñen temas relativos ao seu ámbito laboral.

      Ex: O goberno local prometeu estudar nun congreso o trazado da circunvalación. Asistiu a varios congresos sobre educación e ecoloxía.

      Confrontacións: convención, simposio.
    2. congreso eucarístico [RELIX]

      Celebración multitudinaria do catolicismo destinada a promover a devoción eucarística. Pode ser local, nacional ou internacional. O primeiro congreso eucarístico internacional tivo lugar en Lille (1881), e ata 1938 celebráronse trinta e catro.

  1. s m

    Asemblea lexislativa que conforma a cámara baixa do Parlamento dalgúns estados como España, onde se denomina Congreso de los Diputados. OBS: Nesta acepción emprégase con maiúscula inicial.

  2. s m

    Edificio no que se reúnen os deputados do Parlamento. OBS: Nesta acepción emprégase con maiúscula inicial.