Congreso Continental
Congreso Continental
Órgano de goberno, formado polos delegados das colonias británicas de América do Norte, que dirixiu a Guerra da Independencia. Ao primeiro congreso, celebrado en Philadelphia no 1774, asistiron todas as colonias agás Georgia; aprobou unha declaración de dereitos e decidiu suspender o comercio con Inglaterra. O segundo congreso celebrouse tamén en Philadelphia no 1775; encargouse de dirixir a guerra, nomeu xefe do exército a George Washington, aprobou a Declaración de Independencia do 4 de xullo de 1776 e, finalizada a contenda, redactou a Constitución de 1787.