Sena
Río de Francia, que nace en Cotê d’Or, preto de Saint-Seine-l’Abbaye, a 471 m de altitude, e desemboca no canal da Mancha (776 km de lonxitude). Distínguese: o tramo superior, ata a confluencia co Yonne; o medio, por París e ata a confluencia co Oise; e o inferior. No tramo superior recibe ao Aube pola dereita e ao Yonne pola esquerda. No tramo medio recibe pola dereita, antes de París, ao Marne, e despois ao Oise. O río é, neste traxecto navegable grazas ao seu acondicionamento. No tramo inferior, estírase nunha ringleira de meandros e ten entre 200 a 250 m de ancho. Recibe, pola esquerda, ao Eure, que vén de Beauce, pasa por Rouen e, en Tancarville, e entra no esteiro que remata no porto de Le Havre. Ten réxime pluvial oceánico, cun caudal alto no inverno (xaneiro-marzo) e baixo en setembro.