senado
(<
-
s
m
[HIST]
Supremo consello do estado que na antiga Roma estaba constituído, cando menos na orixe, por anciáns ou xefes das diversas gens e, posteriormente, polos patricios e maxistrados. O nome foille atribuído por analoxía con outros consellos de anciáns do mundo antigo, sobre todo de Grecia e Esparta. Foi a institución fundamental do estado e respondeu durante longo tempo da política exterior e interior. A partir do s IV a C os senadores eran elixidos polos censores; despois, automaticamente, convertíanse en senadores os ex-maxistrados. Con Tiberio foron escollidos por cooptación polos propios senadores e, finalmente, foron designados polo soberano. Xuntábanse a porta fechada, baixo a presidencia do maxistrado, e logo do emperador, e as súas deliberacións denominábanse, segundo a prevalencia dunha ou outra autoridade, autoritas patrum, decreto ou senadoconsulto. Durante a República foi o auténtico goberno de Roma. Discutía as propostas, interviña en materia de xustiza civil e penal, daba o parecer cando cumpría mobilizar o exército, entre outras competencias. En caso de perigo grave, podía decretar o estado de excepción. Despois das guerras civís, co Imperio, conservou unha autoridade nominal.
-
s
m
-
[DER/POLÍT]
Segunda cámara, ou cámara alta, que nos sistemas parlamentarios modernos, forma coa cámara baixa o parlamento. Nos estados federais adoita ter funcións de defensa dos intereses das unidades autónomas que forman a federación. En EE UU está integrado por representantes dos estados da Unión e intervén na política exterior, e pode actuar tamén como tribunal de xustiza en delitos cometidos por funcionarios federais. En Alemaña e Austria recibe o nome de Bundesrat. Nos estados unitarios, perdeu peso político a prol da cámara baixa, como en Reino Unido (Cámara dos Lords). En Francia, pola contra, a instauración da V República representou un aumento do papel do senado. En España sufriu os vaivéns da historia constitucional española. A Constitución de Cádiz (1812) preveu un parlamento unicameral, e o Estatuto Real (1834) estableceu un senado, denominado Estatuto de Próceres, integrado por altos membros da xerarquía eclesiástica, a nobreza, grandes propietarios e persoeiros distinguidos. A Constitución de 1845 estableceu que os senadores eran nomeados polo rei; a de 1869 decretou o sufraxio universal en ambas as dúas cámaras; a de 1876 estableceu tres vías de acceso: senadores nomeados polo rei con carácter vitalicio, senadores por dereito propio (altas xerarquías da Igrexa, a nobreza, a administración e o exército) e senadores elixidos por sufraxio corporativo; a de 1931 non comtemplou a creación do senado e a de 1978 restableceuno.
-
Sede do senado.
-
[DER/POLÍT]
-
s
m
Órgano deliberativo ou consultivo de numerosas entidades que está constituído por persoas representativas da mesma que apoian o presidente ou reitor no seu goberno.