Senaquerib
Senaquerib
Rei de Asiria (704-681 a C), fillo de Sargón II de Asiria. Trasladou a capital de Khorsābād a Nínive. A raíz dunha revolta de Luli, rei de Sidón, e de Ecequías, rei de Xudá, tomou Sidón e outras cidades de Siria-Palestina. No altiplano iraniano, someteu os medas. Axudado por Elam, fixo catro campañas contra Babilonia ata que en 689 a C invadiu e arrasou a cidade cunha inundación artificial. Foi asasinado por dous dos seus fillos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : sVIII a C