Senegal
Senegal
Río de África Occidental de 1.700 km de lonxitude. Está formado pola confluencia, preto de Bafoulabé (Mali), do Bafing e do Baoulé. Flúe en dirección NO ata Kayes, e entra en Senegal, onde recibe, pola esquerda, o Falémé. Despois atravesa unha chaira, sempre bordeando a fronteira con Mauritania, e desemboca no Atlántico por Saint-Louis.