Ser

Ser

Publicación de carácter político editada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1935. Dirixida por R. Suárez Picallo e subtitulada “Semanario Gallego de Izquierdas”, contou coa colaboración de destacados intelectuais e políticos galegos, como R. Blanco Torres, E. Blanco Amor, Plácido R. Castro, C. Díaz Baliño, F. Fernández del Riego, Ánxel Fole, C. Maside, L. Peña Novo, Luís Seoane e A. Villar Ponte. Analizou as posibles reformas da Constitución da República para atender as propostas das diferentes comunidades históricas, as alianzas entre os partidos de esquerda, a situación da CNT e dos sindicatos, o ferrocarril e a universidade.