Serantes, pazo de
Serantes, pazo de
Construción situada en Moraime (Muxía). Ten planta en forma de L con muros de cachotaría con cantaría nos ocos. No corpo máis curto ten unha escaleira exterior e patín cuberto. Conserva a pedra de armas na fachada.