Seraogna

Seraogna
[LIT]

Primeiro libro de poemas publicado por Afonso Pexegueiro, que viu a luz en 1976, na colección Rompente. É unha das obras que marcou a renovación lírica das letras galegas da época. O título, unha transposición de letras da aldea natal do autor, Angoares, presenta un espazo imaxinario en que se tratan os temas da infancia, a patria e a liberdade, desde un punto de vista existencialista e colectivo. O eido rural, observado dun xeito realista, afástase dos tópicos do mundo bucólico. A muller, obxecto de desexo, descríbese a través do seu esforzo na sociedade campesiña.