serenata

serenata

(< ital serenata)

s f [MÚS]

Composición vogal con acompañamento dun ou máis instrumentos como guitarras, ou mandolinas, ou exclusivamente instrumental, destinada orixinalmente a ser executada ao aire libre e na noite para honrar a unha persoa ou cunha finalidade amorosa. De orixe medieval, durante o período clásico foi esencialmente unha forma instrumental.

Palabras veciñas

Seremban | Serén | serenar | serenata | serenidade | serenísimo -ma | 1 sereno