serenísimo -ma
serenísimo -ma
(< lat serenissĭmu)
-
adx
Tratamento honorífico dalgúns soberanos europeos de categoría inferior á real ou de príncipes mediatizados do Sacro Imperio. Foi dado primeiramente aos reis, aínda que despois pasou a ser propio de príncipes de ramas colaterais dunha casa real e a soberanos menores.
-
adx
Aplícase ás repúblicas de San Marino e de Venecia.