serere

serere
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo serere e a súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo serere.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo sudanés da África occidental. En Senegal hai 1 200 000 individuos deste pobo. Campesiños e gandeiros cultivan paínzo e cacahuetes. Malia a islamización, o seu sistema social é matrilineal.