Serpe

Serpe
[ASTRON]

Constelación boreal situada entre as de Coroa Boreal, Hércules, Aguia, Escudo, Saxitario, Balanza, Virxe e Carneiro. Está dividida en dúas partes pola constelación Serpentario: Cabeza de Serpe, situada ao O de Serpentario, e Cola de Serpe, que se sitúa ao E. A Cabeza de Serpe contén o astro máis brillante da constelación, que é unha estrela xigante de magnitude visual 2,75, situada a unha distancia de 82 anos luz. O astro máis luminoso de Cola de Serpe é a estrela ç Serpentis, de 3,42, situada a unha distancia de 68 anos luz. Contén 106 estrelas visibles a simple vista e, antigamente, considerábase como unha parte do Serpentario.

Refráns

  • Por san Pedro da Cadrela sae a cobra da súa pedra.