Serpe, pedra da
Serpe, pedra da
Gravado rupestre situado na croa do castro de Penalba (Campo Lameiro). Representa dous réptiles paralelos, que se atopan baixo dúas incisións ovaladas que poderían representar dúas ás. Outra interpretación di que é un só animal formado entre dous sucos. Foi declarado BIC en 1975.