Serrano Suñer, Ramón

Serrano Suñer, Ramón

Político. Licenciado en Dereito, exerceu de avogado do Estado. Deputado nas cortes pola CEDA (1933-1936), foi detido en Madrid ao se iniciar a Guerra Civil, pero conseguiu pasar á zona franquista (1937). Axiña se converteu nunha figura clave do novo réxime, foi amigo de José Antonio Primo de Rivera e cuñado do xeneral Franco, do que foi secretario político. Foi ministro do Interior (1938), de Gobernación (1939) e de Asuntos Exteriores (1940-1942). Nos últimos anos do franquismo adoptou unha postura distanciada e máis crítica contra o réxime, tal e como reflicten as obras Ensayos al viento (1969), Entre el silencio y la propaganda (1977), La Historia como fue. Memorias (1977) e De anteayer y de hoy (1981).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cartagena, Murcia

  • Deceso

    Lugar : Madrid