sertão*
sertão*
-
s
m
[XEOG]
Zona do NL de Brasil ocupada por unha vexetación natural de tipo xerófilo, con árbores de escaso porte e plantas punxentes. Similar en certos aspectos á sabana, é propio dun clima tropical cunha estación seca moi prolongada.
-
ciclo do sertão
[LIT]
Ciclo literario que trata sobre a problemática da seca e a vida dos donos e empregados das facendas na zona do sertão. Ligado á corrente do neorrealismo, destaca a obra de diversos autores como Guimarães Rosa, Garciliano Ramos e Jorge Amado. Tamén aparece en obras de autores das literaturas africanas de lingua portuguesa, como Artur Maurício Pestana dos Santos, coñecido como Pepetela.