servidume
(
-
s
f
Condición de servo ou de suxeición a un amo.
-
s
f
Conxunto dos criados dunha casa.
Sinónimos: servizo. -
[DER]
-
servidume internacional
Dereito real limitado dun estado sobre outro, ou en beneficio recíproco, ou como medida de seguridade. Imposto como consecuencia dunha vitoria militar, tamén se pode establecer en tempos de paz en vitude de acordos sobre navegación, aranceis ou outros.
-
s
f
Gravame ou carga imposta sobre un ben inmoble en beneficio doutro, unha persoa ou unha comunidade, distinta do seu propietario. Só se refire a unha utilidade concreta e limitada no predio servente, non ao usufruto de todo o dominio. Distínguese entre servidume de pasto en predio alleo en favor dunha persoa ou dunha comunidade, e servidume de paso en favor dun predio que non ten saída á vía pública. Polo tipo de utilidade que proporciona, a servidume pode ser continua, cando proporciona unha utilidade incesante sen intervención de acto ningún do seu beneficiario; descontinua, cando se usa a intervalos e depende dos actos concretos do seu beneficiario; positiva, cando obriga o amo do predio servente a deixar facer algunha cousa ou a facela el mesmo; e negativa, cando prohibe o amo do predio servente de facer algo que lle sería lícito sen a servidume. As principais características da servidume son a indivisibilidade e a inseparabilidade.
-
servidume internacional
-
[HIST]
-
s
f
Estatuto persoal de amplos grupos de poboación eminentemente rurais (servos), non plenamente libres, pero tampouco escravos, que a escola alemá cualifica de semilibres. Esta situación é froito de que o home libre, pero pobre, se ve obrigado a entrar en dependencia económica e social dun poderoso. A servidume medieval caracterizouse por unha obrigada adscrición dos seus membros á terra de cultivo do señor ou un gran propietario.
-
servidume militar
Prestación persoal que obrigaba aos vasalos a acompañar o seu señor á guerra. Co tempo fíxose moi gravosa e pouco práctica, e os sometidos a ela procuraban fuxir dela ou substituíla por pagos pecuniarios.
-
s
f