servizo

servizo

(< lat servitĭu)

  1. s m

    Acción e efecto de servir ou servirse.

    1. s m

      Traballo ou actividade de utilidade pública ou xeral.

    2. s m

      Conxunto de traballos ou operacións que serven para un uso ou fin determinado.

    3. servizo civil / [SOCIOL/DER]

      Prestación persoal obrigatoria para o cumprimento de finalidades de interese xeral, como a defensa nacional ou as suscitadas por circunstancias especiais.

    4. servizo militar [BÉL]

      Sistema de prestación persoal para nutrir os exércitos. En Europa, cando os estados nacionais non podían completar os seus exércitos mercenarios, recorrían ás levas ou ás quintas para conseguir soldados, que finalizou coa Revolución Francesa ao considerar o servizo militar unha obriga fundamental de todos os cidadáns. A finais do s XIX organizáronse os exércitos nacionais sobre a base do servizo obrigatorio e, nalgúns países, voluntarias para servir as colonias. Isto deu lugar a enormes exércitos que se enfrontaron na Primeira Guerra Mundial. As baixas que se produciron fixeron xurdir os primeiros movementos de oposición ao servizo militar. Tras a Segunda Guerra Mundial a obxección de conciencia alcanzou unha maior forza e foi recoñecida polas leis de moitos países. A fin da Guerra Fría e a tecnificación militar fixeron aconsellable profesionalizar os exércitos, con menos efectivos. Holanda e Bélxica aprobaron a supresión gradual do servizo obrigatorio en 1995, e seguíronos Francia e España (2001). Malia esta tendencia, continúan existindo tres tipos de exército: o exclusivamente profesional, nos países anglosaxóns e diversos do Terceiro Mundo; con servizo obrigatorio de curta duración e incorporacións periódicas para a reinstrución (Austria, Finlandia, Suíza e Suecia); e con servizo obrigatorio de duración variable, de mesmo dous anos, na maioría dos países europeos, malia que van en aumento as taxas de voluntarios ou profesionais, do 20% ao 50% dos efectivos.

    5. servizo público [DER]

      Servizo prestado de forma regular e continua pola administración directamente ou mediante concesións, para satisfacer as necesidades xerais públicas.

    6. servizo social / [ADM/POLÍT]

      Cada unha das actividades e programas dedicados a mellorar o benestar de persoas e grupos mediante a articulación de diversos valores e intereses a través de complexos mecanismos políticos e administrativos. Os máis importantes son a educación, a seguridade social, a sanidade, a vivenda e, sobre todo, os servizos sociais en sentido específico, que comprenden as áreas de benestar da familia, da infancia e da terceira idade, intregación social de incapacitados físicos e psíquicos, prevención da delincuencia xuvenil, inserción social de marxinados, axuda aos emigrantes e desevolvemento comunitario.

    7. servizo social da muller [HIST]

      Institución franquista creada en 1940 que obrigaba a todas as mulleres solteiras de máis de dezasete anos a unha prestación social. Comprendía tres meses de formación (relixiosa, política e doméstica) e tres meses de prestación ao servizo do Estado, normalmente en bibliotecas, hospitais ou tarefas administrativas. Continuación do servizo paramilitar organizado pola Sección Feminina da FET e das JONS (1937), foi abolido en 1978.

    8. servizos auxiliares [BÉL]

      Conxunto de tarefas secundarias dos corpos do exército, alleos ao servizo de armas e á instrución.

  2. s m

    Sección, departamento ou dependencia dunha empresa ou establecemento público cunha función determinada.

  3. s m

    Tempo durante o que se presta un traballo ou función

  4. s m

    Conxunto de criados dunha casa.

  5. s m

    Conxunto de utensilios que se poñen na mesa para cada comensal.

  6. s m

    Cuarto onde está o inodoro.

  7. s m

    Paso polo que se accede a unha propiedade.

  8. s m [HIST/DER]

    Dependencia, no réxime feudal, dun vasalo respecto ao seu señor e obrigas ás que está suxeito.

  9. s m [RELIX]

    Nome que recibe a celebración litúrxica nos cultos protestantes.

  10. s m [DEP]

    Acción de poñer a pelota en xogo.

Formas incorrectas

servicio