servita

servita
  1. adx

    Relativo ou pertencente á orde dos servitas.

  2. s [RELIX]

    Membro da orde dos servidores de María (Ordo servorum Beatae Mariae Virginis), fundada en 1233, segundo a regra de santo Agostiño por sete mercadores de Florencia. Recoñecida polo papa en 1263 e aprobada en 1304, a súa finalidade é a santificación dos seus membros a través da devoción a María, sobre todo pola meditación das súas dores e da Paixón. En 1835 foron suprimidos os oito conventos masculinos que daquela había en España, e ficaron soamente os de monxas. A orde masculina foi restaurada en 1857.

Palabras veciñas

Servio Tulio | serviola | servir | servita | servizal | servizo | Servizo de cine