Šešonq I
Šešonq I
Primeiro faraón da dinastía XXII (950-929 a C), fillo de Nemrat, gran xefe dos Ma ou Mašwaš. Foi xefe da colonia militar libia de Heracliópolis. Morto Psusennes II, derradeiro faraón da dinastía XXI, inaugurou o período libio (dinastías XXII-XXIII). Asegurouse o control do Alto Exipto nomeando o seu fillo Iuput gran sacerdote de Amón-Ra. Levou a cabo unha campaña en Palestina, onde se apoderou de Xerusalén (930 a C) e saqueou o seu templo.
Cronoloxía
-
Deceso