Sesostris I
Sesostris I
Faraón da dinastía XII (1971-28 a C), fillo de Amenemhat I. Foi un dos grandes monarcas do Imperio Medio. A súa política exterior foi defensiva repecto a Asia e ofensiva a Nubia. En 1963 a C ocupou gran parte da Baixa Nubia e en 1954 a C someteuna definitivamente. Estableceu unha serie de gornicións e comezou a exercer un control sobre a área comprendida entra a segunda e a terceira fervenzas do Nilo, o Reino de Kuš.