Sèvres, manufactura de

Sèvres, manufactura de

Manufactura real de porcelana fundada en Vincennes en 1738, trasladada a Sèvres en 1756 e nacionalizada por Luís XV en 1860. Baixo a dirección de J. J. Bachelier iniciou unha valiosa produción orixinal, con porcelanas decorativas deseñadas por Duplessis con escenas galantes e de xénero, e figuriñas en biscoito modeladas por E. M. Falconet. En 1781 introduciu os temas clásicos. A Convención converteu a manufactura en establecemento nacional (1793).

Palabras veciñas

sevirato | séviro | Sèvres | Sèvres, manufactura de | Sèvres, Tratado de | Seward | sex ratio*