Sèvres, Tratado de
Sèvres, Tratado de
Pacto asinado en Sèvres, entre os turcos e os aliados o 10 de agosto de 1920, polo que se cedía a Grecia a Tracia Oriental (con Gallípoli), as illas do mar Exeo (agás Rodas) e a administración de Esmirna. Francia recibiu Siria e Cilicia. Iraq, Palestina, Chipre e Exipto pasaron a Inglaterra, que tamén obtiña o protectorado de Arabia. O Dodecaneso e a illa de Rodas pasaron a Italia. O parlamento turco non o ratificou, e o movemento nacionalista turco, dirixido por Mustafá Kemal, obrigou a revisalo e substituílo polo Tratado de Lausanne (1923).