Sforza, Guido Ascanio
Sforza, Guido Ascanio
Eclesiástico, fillo de Bosio (II), conde de Santa Fiora e de Cotignola, e de Constanza, filla de Alessandro Farnese (Paulo III). Foi bispo de Montefiascone-Corneto (1528-1548), de Parma (1535-1560), camarlengo da Igrexa (1537), legado en Boloña (1537-1538) e Hungría (1540) e administrador dos bispados de Narni (1537-1538) e Chiusi (1538). Foi un dos cardeais do partido imperial no conclave de 1550, en que saíu elixido Xulio III. Como hispanófilo, foi encarcerado por Paulo IV en 1555, pero en 1557 interveu na paz entre este e o duque de Alba, que se apoderara de Roma.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Roma -
Deceso