Sharpe, William Forsyth

Sharpe, William Forsyth

Economista. Presidente da American Finance Association, a finais da década de 1960 deu a coñecer o seu método de valoración de activos de capital, coñecido como CAPM (Capital Assets Pricing Model). Publicou Portfolio Theory and Capital Markets (1970), Asset Allocation Tools (1987) e Fundaments of Investments (2000), con Gordon J. Alexander e Jeffrey Bailey. Doutor honoris causa polas universidades de Alacant e Viena, recibiu o Premio Nobel de Economía en 1990, pola súa contribución á economía financieira e á financiación empresarial, xunto con H. Markowitz e M. Miller.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cambridge, Massachusetts