Shikoku

Shikoku

Illa de Xapón (18.783 km2; 4.154.039 h [2000]). Situada ao SO de Honshū, está separada desta polo mar Seto-naikai ao N, e o canal de Kii ao L, e da illa de Kyūshū polo estreito de Bungo. Ao N o relevo é feble, mentres que no S é máis abrupto, elevado e rico en bosques. As costas son altas e recortadas e abrigan portos comerciais e pesqueiros; ao S abundan as perlas e os corais. O clima é caloroso e húmido, con chuvias monzónicas que producen unha vexetación exuberante. Cultívase arroz, trigo, cebada, patacas, cana de azucre, tabaco e produtos de horta na vertente O. A industria concéntrase nas costas do mar Seto-naikai.