shilluk

shilluk
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo shilluk.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo shilluk.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo nilótico que habita na beira esquerda do Nilo Branco e en parte da dereita, preto da confluencia co Sobat, na provincia do Nilo Superior (República de Sudán). Os shilluks (uns 480.000) son algúns dos representantes máis puros da raza nilótica e, reacios a calquera influencia estranxeira, conservaron costumes moi arcaicos. A súa economía baséase na agricultura e na cría de gando. Organízanse en clans exogámicos, por descendencia patrilineal, con reminiscencias totémicas.