Shīrāz
Shīrāz
Capital do ostān de Fārs, Irán (1.053.025 h [1996]). Situada preto das ruínas de Persépolis, nunha chaira fértil onde se cultivan rosas e vides. Cunha industria diversificada, destaca a das alfombras. Núcleo central do Imperio Persa (s VII), a súa situación motivou ocupacións sucesivas: mongol (s XIII) e timúrida (finais do s XIV). Logo da florecente época safávida foi invadida polos afgáns e saqueada por Nādir Shāh (1744).