shōgun*

shōgun*
s m [HIST]

Título que empregaban os ditadores militares que gobernaron Xapón entre 1192 e 1867. No s XII o shōgun converteuse en soberano de feito, con carácter hereditario, e presidía o bakufu, mentres que o emperador retiña a soberanía formal. Houbo tres dinastías rexidas polo shōgunado: os Minamoto, os Ashikaga e os Tokugawa.