Sigüenza Raimúndez, Xulio
Sigüenza Raimúndez, Xulio
Xornalista e poeta. Exerceu diversos labores culturais en Arxentina, Cuba e Uruguay. Ao seu regreso a Galicia, foi redactor xefe de El Pueblo Gallego, redactor de Faro de Vigo e dirixiu a revista de estudos poéticos Numen. Publicou, na liña da poesía imaxinista de Amado Carballo, Cantigas e verbas ao ar (1928). Da súa obra tamén destacan De los agros celtas (1923), con prólogo de Jacinto Benavente; La ruta aventurera (1927), Galicia cara y cruz (1930) e Poemas del imperio (1939).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Vigo