Šik, Ota

Šik, Ota

Economista e político checo. Participou na Primavera de Praga e foi primeiro ministro adxunto no gabinete político Svoboda-Dubček. Con motivo da invasión soviética do 21 de agosto de 1968 exiliouse a Suíza, onde se naturalizou. A súa concepción económica centrouse nunha progresiva introdución na planificación central dos mecanismos típicos da economía de mercado. Escribiu Plan and Market Under Socialism (1967) e Humane Wirtsschaftsdemokratie (Democracia económica humana, 1979).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Plze&#

  • Deceso

    Lugar : Sankt Gallen