Silla
Silla
Antigo reino de Corea establecido en 57 a C ao SL de Corea con capital en Kyŏngju. Aliado coa dinastía chinesa Tang, destruíu os dous reinos rivais de Paekche (663) e Koguryo (668) e unificou a nación coreana por primeira vez. Foi a idade de ouro da historia de Corea. Máis adiante, Wang Kon, un rebelde, fundou a dinastía Koryo (918). O derradeiro rei de Silla someteuse a el (935).