simazina

simazina
Nome científico: [2-cloro 4,6-bis(etilamino) 1,3,5-triazina]
s f [QUÍM]

Composto químico, do grupo das clorotriazinas, que actúa como herbicida e cuxo mecanismo de acción consiste en interferir a fotosíntese. Está autorizado sobre monocotiledóneas e dicotiledóneas anuais, en cultivos de millo en preemerxencia, en forraxe durante a parada invernal, en froiteiras e nalgunhas plantas hortícolas.