sintético -ca
(< grσυνθετικός)
-
adx
Relativo ou pertencente á síntese.
-
-
adx
Que se obtén por síntese.
-
adx
[QUÍM]
Aplícase ás substancias e aos materiais que se obteñen por procedementos industrais, xeralmente mediante síntese química, e presentan as características dos naturais.
-
linguaxe sintética
[LING]
Linguaxe que se obtén por conversión en sons dos espectros rexistrados nun espectrógrafo.
-
método sintético
[PEDAG]
Método pedagóxico, oposto ao analítico, que parte dos signos, dos elementos do código que se quere identificar antes de que se produza a identificación dos conceptos que os signos constitúen.
-
xuízo sintético
[FILOS]
Xuízo en que o predicado non está contido no suxeito, segundo Kant. Así, “A é B” é sintético cando B non está contido en A. Os xuízos sintéticos, polo tanto, aumentan o coñecemento, en contraposición aos xuízos analíticos. En función de que a síntese sexa a priori ou a posteriori, os xuízos sintéticos serán ou non universais e necesarios.
-
adx