sintético -ca

sintético -ca

(< grσυνθετικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á síntese.

    1. adx

      Que se obtén por síntese.

    2. adx [QUÍM]

      Aplícase ás substancias e aos materiais que se obteñen por procedementos industrais, xeralmente mediante síntese química, e presentan as características dos naturais.

    3. linguaxe sintética [LING]

      Linguaxe que se obtén por conversión en sons dos espectros rexistrados nun espectrógrafo.

    4. método sintético [PEDAG]

      Método pedagóxico, oposto ao analítico, que parte dos signos, dos elementos do código que se quere identificar antes de que se produza a identificación dos conceptos que os signos constitúen.

    5. xuízo sintético [FILOS]

      Xuízo en que o predicado non está contido no suxeito, segundo Kant. Así, “A é B” é sintético cando B non está contido en A. Os xuízos sintéticos, polo tanto, aumentan o coñecemento, en contraposición aos xuízos analíticos. En función de que a síntese sexa a priori ou a posteriori, os xuízos sintéticos serán ou non universais e necesarios.

Palabras veciñas

sinterizar | síntese | sintetase | sintético -ca | sintetismo | sintetizábel | sintetizable