sintetismo

sintetismo

(< gr συνθετισμός)

s m [ARTE]

Corrente artística postimpresionista, tamén coñecida como cloisonnisme, que procura a simplificación das formas e o decorativismo empregando grandes superficies planas de cor rodeadas por trazos negros. Orixinouse en 1888 en Bretaña, e aínda que E. Bernard foi o seu creador con Les Bretonnes aux ombrelles, quen destacou foi P. Gauguin con La vision après le sermón. Foron desta corrente os membros da escola de Pont-Aven e os do grupo nabí. Considerouse como a obra sintetista por excelencia Le talisman de P. Sérusier.

Palabras veciñas

síntese | sintetase | sintético -ca | sintetismo | sintetizábel | sintetizable | sintetizador -ra