sirena

sirena

(< lat tardío sirena < latSirenē < gr Σειρήν)

s f [TECNOL]

Aparato que xera sons de grande intensidade mediante unha serie rápida de interrupcións periódicas dunha corrente de aire ou vapor. Esta corrente prodúcese pola rotación dun ou varios discos provistos de buracos que, ao xirar, interrompen a corrente de aire e emite un son musical. A sirena de Caignard de la Tour, ideada en 1819, utiliza aire comprimido e ten un funcionamento análogo ao dunha turbina. Pode usarse como sinal de aviso nos barcos, coches de bombeiros, de policía ou ambulancias.